Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

OS COMECONTOS

Os nenos e nenas de 1º de primaria xa somos quen de ler libros completos. E tanto!! Pódese dicir que papamos neles! O noso proxecto chámase os COMECONTOS, seguro que a moitos de vós vos soan estes personaxes. Cada alumno/a aportou un conto ao que lle tiña especial agarimo para a biblioteca de aula, e as nosas mestras deseñaron un almanaque para que poidamos ler todos e cada un destes preciosos contos. Ademáis, temos unhas tarxetas de puntos cos que poder conseguir incribles recompensas como elixir unha película para proxectar en clase, visitas á biblio do centro, participar en xogos, escoitar música mentres lemos... Acabamos de empezar, pero cada venres agardamos con ilusión o seguinte conto. Xa vos iremos contando :)